A QEUIMADA — (Lenda)

 

Foto de Pilar Pérez Montero.

Oíde!… O meu nome é Marmórides. Veño viaxando dende o comezo dos tempos, cando os homes e as nosas mulleres morabamos na escuridade… no paraíso da ignorancia. Os deuses ollaban cara a nós con abatimento. Decatábanse que non éramos a súa obra humana tan vistosa coma un val florido, nin tan inmensa coma os ceos, nin misteriosa coma os océanos. Non… Foi entón cando Prometeo, rouboulle ós demais deuses o segredo do lume para dalo aos nosos druidas celtas, a fin de nos liberare do escurantismo… e dos medos, e así descubrir a luz do coñecimento para seren ceibes por sempre nas terras da Armórica.

E así un día, co lume xurdíu a orixe da queimada que se perde entre as sombras do segredo impenetrable das meigas e ficou gardado na máis pechada intimidade por moito tempo. O ritual pagán da queimada, mistura de mediciña e maxia, resultou ser unha pócima coa que curabamos as doenzas da ialma, ás que nós os galegos lle chamamos “meigallos”. Ese brebaxe ardente e vigoroso que espanta os malos espíritus e atrae aos bós de entre as lapas do lume, para que acompañen aos vivos no peregrinar do labirinto de dúvidas da propia vida.

E así foi sempre. Por séculos, as nosas mulleres gardaron o segredo do lume engadido á terra e a auga, e sen que os deuses do Olimpo souperan, con a “auga ardente” elaborabamos queimadas nas covas, conxurando con Pandora para apreixar a fe. Así, dende a noite dos tempos, esa pócima milagreira segue aliviando as feridas da ialma e mantén sempre fervente a esperanza dos vivos.

A noticia percorreu

vales, rías e montañas,

Berraron aos catro ventos

as carraxes contra os medos.

E o chamado das mulleres

petou fondo nas ialmas.

Os nosos druidas facían

unha pócima sagrada,

feita de “auga ardente” e de lume,

que a chamaron queimada.

Que arredaba o cheiro a estrume,

e o fedor a podredume

das meigas e malas fadas.

E se os vivos a bebiamos,

Aos nosos corpos daba bríos

e quentor ás nosas ánimas.

E berrando aos catro ventos…

Ei!… pobos da raza celta, da estirpe de Danann!

Que vagades polos eidos da

Armórica, a Cambría, e fuxides de Satán

Escoitade!… Escoitade ben!…

Bretaña, Gales, Cornualles, Escocia, a Illa de Man…

Galicia e Asturias cinguidas, e con Irlanda…

Oito nacións curmáns!

Que todas elas bañamos mo mesmo mar,

e rogamos aos mesmos deuses que protexan o noso lar.

I sabede irmáns… que nas nosas veas percorre…

O sangue de Breogán!

En lembranza deses druidas

E no seu louvor e gabanza,

imos facer esta noite, eiquí…

segundo as súas ensinanzas,

tal coma eles facían…

esta gorentosa queimada!